miércoles, 24 de marzo de 2010

OBJETIVO BIRMANIA!!!




Xa estou de volta en Bangkok despois de 27 dias viaxando por Birmania,un pais sorprendente e moi autentico pero que as veces viaxar por el e toda unha odisea!!!
O primeiro que me sorprendeu nada mais chegar ao pais e que apenas se ven turistas.Birmania e un pais moi ailladodevido a situacion politica,hasta fai poucos anos estava pechado aos extranxeiros.Actualmente ainda que se pode entrar no pais,hai moitas zonas que permanecen pechadas aos extranxeiros.Hai moitas zonas donde se mantenhen combates entre o exercito e grupos trivales,sobre todo nas montanhas do Norte.
Para min un dos aspectos mais interesantes de viaxar por Birmania e a oportunidade de conhecer un pais que en moitos aspectos apenas cambiou desde a epoca colonial devido ao seu aillamento.
Caminhando polas suas ruas apenas se nota a influencia exterior,en ningun outro pais do Sudeste Asitico se ven tantos pareos,turbantes e atavios exoticos. Tenho a sensacion sempre de estar viaxando no tempo.