viernes, 11 de diciembre de 2009

SEN MEDO!!!


fai uns dias participei nunha ceremonia de ayahuasca,(a terceira vez para min.)A anterior viaxe,fai dous anos,foi unha experiencia dura,pechoume e non me deixei levar,foi unha loita.Dende enton andava a darlle voltas a idea de repetir a experiencia,pero ata agora non me atrevin.
Este viaxe foi un regalo,toda unha experiencia de aceptacion de min mesmo,de deixar fluir,de entregarse,de luz e amor,de comprender,abrirse á vida e quererme tal como son.
Havera outras novas experiencias...........

domingo, 25 de octubre de 2009

TEMPO DE OUTONO!!


Atras quedou o veran,foron uns meses intensos con moito traballo pero tamen con moitos bos momentos de lecer compartidos cos amigos e amigas;tempo para disfrutar na praia,navegar pola ria e tamen moita festa.
Agora co outono por diante empezo a plantexarme que vou facer este vindeiro inverno;ficar ou irme de viaxe.
neste periodo de transicion no que rematei a tempada de feiras estoume permitindo disfrutar deste tempo con tranquilidade,dias de chuva para estar na casa,disfrutando no meu pequeno obradoiro creando cousas novas ou simplemente darlle renda solta ao maxin,experimentar.
Ate agora non estou sentindo a chamada da aventura e as viaxes,mais pola contra estou disfrutando deste novo espazo,dandome tempo pra min,ollando pa dentro e ver cales son as miñas prioridades vitais.




martes, 19 de mayo de 2009

a familia Pushkariana ao completo!!!


PEGADAS NA AREA!

Parece incrible pero pasou xa case un mes desde que voltei de viaxe,nin me enterei!! asi como outras veces padezco a aterrizaxe durante unhas semans,nas cuales sintome desuvicado e perdido,esta vez non houvo tempo para tal,ao dia seguinte de chegar xa me estava indo para unha feira de artesania,nin desfacer a mochila me deu tempo!!
E asi ate agora,xa metido na dinamica de traballo;feiras,curro de taller,a horta......parece que xa todo quedou moi atras.
Como todo-los anos estiven no festival WOMAD en caceres,un acontecemento no que nos damos cita un monton de amig@s que nos coñecemos de India.Este ano estavamos tod@s,e normalmente so nos atopamos en Pushkar e este festival.Foi unha bonita experiencia.
E a vida sigue,eu metido xa na voragine,tamen disfrutando as veces do sitio privilexiado donde vivo.

miércoles, 22 de abril de 2009

CONTA ATRAS


Parece que foi onte cando comenzava esta viaxe con destino a Bali,e con itinerario bastante incerto,como deven facerse os bos viaxes!

Dende enton pasaron cinco meses e medio e moitas experencias,que me levaron a rumbos desconhecidos e impensados,case sempre improvisando.

Atras queda Bali,Papua,Papua New Guinnea,Molucas,Sulawessi,Borneo,Java,Australia,Singapure,Taylandia e India.

Foi unha viaxe bonita e especial,cos seus momentos dificiles coma a vida mesma,e sobre todo con moitas vivencias e experiencias que viaxan conmigo como equipaxe.

Dentro de apenas unhas horas estarei de caminho de volta rumbo a outra realidade que por outro lado sinto que e o momento de comenzar.Tempo de aterrizaxe e de dar paso a outras vivencias mais cotians.

lunes, 20 de abril de 2009

HIMALAYA

A minha viaxe esta chegando ao seu fin,estos ultimos dias foron un regalo de despedida.Unha vez en Dharansaladesplaceime hasta Bagsu,un pequeno paraiso na montana a uns poucos kilometros de Dharansala,rodeado de montanas e terrazas donde viven alguns campesinos dunha forma moi tradicional.desde aqui usamolo como base para explorar as montanas dos arredores,que chegan hasta 5.500 metros de altura.
agora empeza a viaxe de retorno para chegar a Delhi dentro de dous dias,e de ahi destinho Vigo,pero esa sera outra historia...

martes, 14 de abril de 2009

Na India a aventura esta presente en cada acto cotidiano,como coller un autobus!!


Esto e o que parece!!!

LITLE TIBET

Por fin en Dharansala,despois de unha viaxe increible desde Rajhastan,cruzando montanhas a traves de Punjab,Handra Pradesh e Himachal Pradesh.38 horas de viaxe en tren,rickshaw,autobus,todoterreno e a pe hasta chegar aqui.
Dharansala e o epicentro dos Tibetanos no exilio,e tamen a residencia do Dalai Lama.
Aqui respirase un ambiente diferente a outras partes de India,notase que estamos no "Little Tibet",por todos lados vense monxes e monxas budistas coa sua inconfundible roupa purpura.
Dharansala e un importante centro da cultura Tibetana e as suas tradicions,asi como do Budismo.
Ubicado nas extrivacions da cordilleira dos Himalallas,ao fondo recortanse os impresionantes picos nevados de Dhola Dhan,a 6500 metros de altura.
Na ascension pola montana hasta aqui e durante centos de kilometros de carretera a paisaxe enchese de plantas de marihuana,que nesta rexion medra silvestre,como unha mala erva.

jueves, 9 de abril de 2009

GOOD BAY PUSHKAR!!


A ultima noite en Pushkar,! de novo digo adeus a este povo no que me sinto como na casa.Hoxe despedida de amigos e enemigos,(see you again my friend,see you next time bla bla bla)
Atras quedan estas tres semanas de convivencia e bos momentos,pero tamen de productividade,xa van de caminho os novos modelos de roupa que van a arrasar este vindeiro veran,tamen unha morea de pedras coas que crear bonitas xoias.I e que en Pushkar hai momentos para todo.O dia adoita comenzar cedinho coas clases de ioga que nos da Swamy,a veira do lago,e logo suelo ir ao taller de xoieria do meu amigo Sonu,donde aproveito para facer alguns traballos,e asi vai pasando o dia,entre sorvos de chai.
Neste tempo fixen tamen algunhas incursions a Jaipur,capital de Rajasthan,a aprovisionarme de pedras e ferramentas,e ver alguns amigos.
Mais ainda non remata aqui a viaxe,manhan ponho rumbo a Bagsu,ao pe dos Himalayas,para pasar as minhas ultimas duas semanas de viaxe

lunes, 30 de marzo de 2009

RAJASTHAN

a vida en India sempre tan colorida e surrealista!!

domingo, 29 de marzo de 2009

NAMASTE!!

De novo na india,unha vez mais(creo que a quinta) neste pais sorprendente polo que as veces sinto ternura e carinho e outras xenrreira.
As veces sintome cansado e irritado de ter que pelearme cos indios,sempre intentando enganharte ou cobrarte algo ao doble do seu precio,e sempre con agovios de xente e a merda e suciedade por todos lados.
Pero tamen estou feliz de volver a este pais sempre tan marciano e surrealista,volver a sentir os seus olores a incienso e espacias cando caminho polas ruas.
E de novo en Pushkar,este povo que xa conhezo millor que a minha vila e no que tan bos momentos tenho pasado.
aqui encontrome sempre aos vellos amigos e tamen a outros novos,solemos xuntarnos pola noite no chai shop para tomar o ultimo chai e fumar algo de charas si se tercia,e para contarnos das nosas vidas neste ultimo ano desde que nos vimos aqui a ultima vez,o ano anterior.
Ainda que os havituales de Pushkar vamonos por todos lados,polas manans na tenda de zumos de sonu,ao mediodia nos postos de naan e falafels de Badi Basti e a tardinha todo o mundo vai a ver o atardecer sobre o lago,mentras alguns tocan instrumentos e outros fan malabares.
Hoxe e o novo ano Hindu,o quinto ano novo que eu celebro este ano,e en pushkar que son moi festeiros celebrano con pasafuas,comida nos templos e como non bum lassi para todos

sábado, 14 de marzo de 2009

KOH PHANGAN


Despois de duas semanas en Bangkok xa empezava a sentirme saaturado e mareado de ver tanto guiri.Normalmente non estou tanto tempo en Bangkoki,pero huvo varios asuntos que me retiveron ali mais tempo do havitual,ademais de ter que rematar as minhas compras e outras incidencias que non venen ahora ao caso.
Pero ahora xa hay varios dias que estou disfrutando desta fantastica illa,disfrutando da praia,as paisaxes e practicar hamakin.
Tamen hai momentos para a festa,por suposto!! Fai uns dias coincideu a full moon party,unha festa multitudinaria na praia que xuntou mais de 30.000persoas para celebrar a lua chea.Quizais demasiado concurrido para o meu gusto,pero unha voa escusa para bailar toda a noite ao ritmo de psy-trance.
O tempo pasa rapido,a seman que ven marcho pa India,e en menos que me dea conta xa estarei de volta,pero ainda non quero pensar nese momento.

lunes, 2 de marzo de 2009

Bangkok sweet Bangkok

Sempre e un gusto volver a Bangkok,unha cidade que me encanta,coa sua mistura de templos
budistas e e rascacielos,tradicion e modernidade.
E un pracer volver a degustar a rica comida thay,comer o millor pat thay do mundo nas ruas de Khao sam,darse o pracer de un masaxe thaylandes casi a diario por 3,5e,irse de troula aos clubes nocturnos ou beber caipirinhas en Rambutri.
despois da viaxe por Australia na que tinha que andar cortandome en todo,aqui volvo a sentirme rico.
Tamen votava de menos o axetreo e bullicio das cidades asiaticas coas suas coloridas ruas e os seus olores.
Tamen estou aqui para rematar as minhas compras,e de paso disfrutar desta cidade acolledora.
Xa chegaron aqui as novas dos cambios no pais,ainda que me pille lonxe e unha triste nova.

miércoles, 25 de febrero de 2009

SINGAPUR

A visita non foi mais que unha breve parada de dous dias na viaxe entre Darwin e Bangkok,pero mereceu a pena.
Unha burbulla de cemento e modernidade no medio do tropico,cos seus centros comerciales e rascacielos,e coa maior densidade de povoacion do planeta.
Demasiado artificial e inmaculado para o meu gusto,pero ten algunhas zonas interesantes,como chinatown,litlel india ou o distrito colonial.Tamen pasei por Orchad road,a meca dos centros comerciales,e pola noite estiven de troula en River Side Road,cheo de bares latinos e con ambientacion cubana.cousas da glovalizacion

viernes, 20 de febrero de 2009

OUTBACK


Durante miles de anos,o territorio norte de Australia,que posue a mostra de arte rupestre mais grande e importante do mundo,foi o fogar de numerosos clans aborixenes.
creese que chegaron a estas terrasw fai mais de 50.000 anos.
Cada clan aborixen vive de acordo a unha serie de normas que unen a sua xente coa sua terra,ritos e antepasados.
Estas leis pasan de xeracion en xeracion e estan plasmadas nas historias da creacion,as cuales contan como se formaron os primeiros espiritus,e como deron nome a terra
Ao nacer,todo-los aborixenes pertencen a dous grupos:o clan familiar e o grupo toltemico,que esta determinado polo lugar e o momento do nascemento e que decide os seus lazos coa terra,o seu lugar na comunidade e as historias da creacion que deve herdar.
A SERPE DO ARCO DA VELLA
a serpe do arco da vella e un poderoso antepasado.xoga un importante rol na concepcion do mundo e as suas obligacions culturales para coidar a sua terra.Tamen e parte do ciclo de vida das plantas e animais e dos cambios de estacion e ritmos da natureza.
Para os clans do Norte Bininj e Kunjwinjk a serpe ainda esta hoxe presente,protexendo os lugares sagrados.Tamen pode coller a forma de antepasados da cracion,e xurdir en moi diversas formas.para os clans do Norte e cnhecida comoWarramurrungundji(Nai terra).


domingo, 15 de febrero de 2009

Norther Territory.Australia

O que primeiro chama a atencion ao chegar a Australia son as distancias e os grandes espacios vacios.outro mundo,outra realidade.!!
Darwin queda xusto no extremo Norte,no "Top End" como lle chaman aqui.Unha cidade moi moderna con clima tropical e con moita mistura racial;aborixenes,asiaticos,europeos residentes e Australianos.
O calor aqui e abafante,cunha humidade do 98%.
A vida aqui e moi cara,acavaronse os dias de festa,cervexa,masaxes e outros caprichos cotidians de Bali,para pasar a austera vida nos Backpakers Australianos,gastando o minimo e cocinhando todolos dias.
Nos arredores de Darwin hay moitos sitios interesantes para visitar,fixen unha ruta en bici pola costa e logo anoteime a un tour en Kakadu national park,o segundo parque nacional mais grande do mundo,donde viven miles de especies de plantas e animales.Mais de un tercio de todalas aves rexistradas en Australia viven no parque.
Dentro do parque viven varios clans de aborixenes desde hay mais de 50.000 anos,e impresionante a sua cultura,da cual falarei mais adiante.Tamen en Darwin podense ver moitos grupos de aborixenes,normalmente sempre borrachos e tirados na rua.

domingo, 8 de febrero de 2009

GOOD BAY INDONESIA!!

Cando miro atras en estos ultimos meses de viaxe en Indonesia invademe unha mistura de ternura,calidez e agradecemento.hay poucos paises nos que me tenho sentido tan ben acollido.
pareceme tan lexano o dia en que cheguei a Bali sin unha idea moi clara de pa donde iva a tirar.Bali,donde comenza e acava a minha viaxe por indonesia.Estos ultimos dias foron moi intensos,a noite pasada foi toda unha despedida da illa,dentro de unhas horas estarei rumbo a Darwin,Australia.

viernes, 6 de febrero de 2009

Bali night life

Bali,donde empeza e remata a minha aventura Indonesia.
Pese a ser unha illa pequena Bali e un sitio moi especial,mais ala das zonas turisticas do sur ten unha cultura moi viva que respira a traves das suas tradicions.
estou percorrendo a illa en moto xunto con Mira,(unha inconvustible aventureira alemana que me acompanha desde Java.)a traves de templos,campos de arroz,palmeiras,praias e montanhas.
Mais non todo e exotismo e bucolicos paisaxes.desde que chegamos a Bali,cada noite convertese nunha espiral de festa,musica e desenfreno ata o mencer.

lunes, 2 de febrero de 2009

GUNUNG BROMO

Estos ultimos dias estivemos no Parque Nac GunungnBromo,unha paisaxe de volcans activos,montanhas de lava e crateres.
Ovolcan Bromo elevase desde o fondo da antigua caldeira do volcan Tengger,i e un dos tres volcans que emerxeron de un amplio crater,de 10 kilometros de diametro.Rodeado polos picos Kurnsi e Batock,e ao fondo o volcan Semeru,con 3.676 metros de altura e o pico mais alto de Java,e tamen o mais activo,que continuamente lanza unha columna de fume e cinzas sobre a paisaxe.
Coa idea de ver o mencer desde a cima de unha das montanhas que rodean o crater,fomos de expedicion un grupo de amigos.Levantamonos as 3.30 da manhan para facer o ascenso,parte do caminho en jeep a traves do crater e parte andando pola montanha.Cando chegamos a cima o unico que poidemos ver foron as nubes que o cubrian todo.
Ao dia seguinte repetimos a operacion con identico resultado,ainda que aproveitamos para percorrer o amplio crater e subir ao volcan Bromo,de donde sale unha constante nube sulfurosa.
Por primeira vez en estos meses de viaxe experimentei o que e o frio,pois devido a altitude a temperatura aqui cae hasta os 4 grados pola noite.Non esta mal como experiencia para recordar como e o inverno noutras latitudes,pero sabendo que en duas horas de autobus podo volver a calida realidade tropical


jueves, 29 de enero de 2009

Putar Putar Yogyakarta

Xa fai unha semana que cheguei a Yogyakarta,antigua capital do imperio e actual capital cultural e artistica da illa de Java,donde se conserva a lingua Javanesa mais pura,as millores artes da illa,e se aprecian do forma mais visible as suas tradicions.
Yogyakarta e un bo sitio para quedarse un tempo,despois das ultimas semans viaxando en Borneo por carreteras polvorentas e rios desbordados poloa chuva.
Hai moitas cousas que ver e facer aqui,cos seus edificios coloniais e o palacio do sultan,ou perderse nas suas ruas,mistura de tradicions e modernidade,olores e cores.
Mais un motivo importante e visitar BOROBUDUR,o templo budista mais espectacular do Sudeste Asiatico,construido con dous millons de bloques de pedra e con forma de un inmenso mandala tantrico tridimensional.Emplazado entre un mosaico de campos de arroz e palmeiras.

miércoles, 21 de enero de 2009

AVENTURAS EN BORNEO!!

Xa estamos de volta da nosa aventura polo interior de Borneo.Os plans non sairon como esperavamos,encontramonos con moitas dificultades para viaxar hacia o interior,donde non existen carreteras e so se pode viaxar rio arriva en canoa,tras varios dias de viaxe para chegar aos povos dayaks mais remotos.
Sin embargo disfrutamos da tranquilidade da vida no rio,estivemos en povos construidos sobre o rio,coas suas casas e ruas de madeira,e os seus mercados flotantes.
Eu estiven tamen no Parque Nacional Sibangau,un dos parques con mais diversidade de fauna de Borneo.
Hoxe remata a nosa aventura compartida entre Jorge e eu.Dempois de dous meses viaxando xuntos e compartindo moitas experiencias hoxe tomamos rumbos distintos;jorge vaise a vivir a Xapon,e eu ponho rumbo a illa de Java,para seguir a minha ruta por indonesia.






martes, 13 de enero de 2009

BORNEO

Borneo,parada obligatoria para os amantes do desconhecido.
As montanhas,os bosques e os rios,entrelazanse no interior desta illa e conforman a historia,a cultura e as vidas dos seus povos.Chegamos a illa de Borneo despois de 84 horas de viaxe,desde o norte de Sulawesi.
estamos na cidade de Banjarmassin,a cidade mais cautivadora do sur de Borneo,construida dentro dun laberinto de canales,donde se entremezclan as mezquitas e as casas flotantes.
O rio Sungai Mahakan e unha autopista fluvial,donde se desarrolla a vida do povo Dayak.
Nos proximos dias queremos explorar as terras altas do interior,rio arriva,donde viven os povos Dayaks mais primitivos.

lunes, 5 de enero de 2009


Novo ano....desde indonesia con amor!!

Acavamos de voltar da illa de Bunaken,no parque nacional marino Manado Tua,donde pasamos unha intensa semana.
Este arquipelago ten un dos acantilados de coral mais espectaculares do mundo.A experiencia foi increible!! Eu tenho mergullado en illas do caribe fai anos e mais recentemente nalgunhas illas do sur de taylandia,pero nada se compara a diversidade de corales e peixes que hay aqui.e espectacular!!
tamen pasei aqui o fin de ano,que por certo aqui celebrase durante 5 dias,e todalas noites havia festa rachada no povo,con musica,comida e bebida a esgalla para todas.(hay umhas fotos divertidas que algun dia alguns teredes ocasion de ver,pero que non procede publicar aqui.)
As illas do parque tenhen unha larga historia,desde hay moitos seculos diferentes grupos trivales venhen ocupando as illas,como os minahasan,do centro de sulawesi,os tidore,procedentes das molucas ou os sanguir.
De entre todos eles os mais peculiares son os nomadas Bajo,tamen chamados os xitanos do mar.Esta etnia pasan parte das suas vidas no mar,desplazandose nas suas barcas en familia.Ainda que tenhen alguns asentamentos nas illas,o seu caracter itinerante sigue vivo.
Os recen casados por exemplo,metense nunha canoa que e empuxada mar adentro para que busquen o seu lugar no mundo.
Recen nacidos,os pais bucean cos seus bebes de tres dias para introducilos na vida marinha.