domingo, 28 de diciembre de 2008

Norte de SULAWESI

Fai unhas horas que chegamos a Manado,ao norte da illa de sulawesi,despois de unha viaxe terrible de 14 horas nunha lata de sardinhas,coas olas pasando por encima do barco.
Despois das ultimas semanas por Papua e Molucas,isto e como volver a civilizacion,estamos nun hotel con sabanas limpas,aire acondicionado,sin cucarachas e mesmo con ducha!!!! todo un luxo para indonesia... incluso aqui se ven alguns guiris polas ruas....toda unha experiencia!!!
manhan ou pasado vamos para a illa de Bunaken, famosa polas suas praias e por ter un dos fondos marinos con maisbiodiversidade do mundo,con mais de 400 especies de corales e non sei cantos miles de especies de peixes e bichos varios.

jueves, 25 de diciembre de 2008

NADAL TROPICAL!!

Xa fai alguns anos que non pasava o nadal fora,e a verdade e que se agradece.Disfrutar o nadal nunha nunha praia,lonxe da parafernalia mediatica navidenha,sin ter que currar ni aguantar aos pontevedreses rancios do mercadinho navidenho que facia estos ultimos anos.
Seguimos nas illas Molucas,ahora en Halmahera,unha illa volcanica con enormes praias desertas de area negra e cocoteiros.
A xente aqui e moi acolledora,co frecuencia atopamos xente que nos convida a sua casa,a comer ou a tomar un te xelado.Flipan con nos,de que venhamos hasta aqui,pois non e havitual que venhan blancos.
Onte,dia de Nadal funme eu so ata unha illa mais pequena aqui perto,cando cheguei ao povo estavan todos de festa,convidaronme a comer e beber hasta fartar,ivamos de casa en casa cun grupo de musicos,non me deixaron marchar hasta que saiu o ultimo barco de volta da illa.
O meu indonesio vai millorando rapido(que remedio)ainda que e unha sorte viaxar con Jorge,que fala indonesio a perfeccion e todo resulta mais facil.

sábado, 20 de diciembre de 2008

Explorando as Illas Molucas!

Despois de tres diasde viaxe en un barco mugrento,cheo de cucarachas e con mais do doble de xente que a capacidade do barco cheguei antonte as illas Molucas,donde me reunin de novo co meu compi Jorge que vinha do sur de sulawesi.
As Molucas eran chamadas as illas das especias,donde os arabes,chinos e mais tarde os europeos desembarcavan en vusca de clavo,canela e noz moscada,que hasta o seculo XVII valian o seu peso en ouro.
estos dias estivemos percorrendo ternate e tidore,duas illas volcanicas que tenhen moita historia devido ao comercio de especias.manhan partimos hacia halmahera,unha das illas que esta menos povoada e pouco comunicada.xa nos comentaron que non chegan moitos turistas hasta aqui,mesmo hay zonas do interior da illa donde quizais sexamos os unicos blancos que ven en decadas.

domingo, 14 de diciembre de 2008

avatares da viaxe!!

As veces viaxar resulta duro,de repente os plans non saen como esperavas e todo parece que se volve na tua contra;os transportes retrasanse ou cancelanse,as estradas cortanse pola chuva,as fronteiras pechanse por problemas politicos,os bancos non funcionan ou a burocracia resulta insoportable e inepta.de repente sinteste perdido nun pais lexano,sin poder enterdente con ninguen e lonxe da tua terra.
Son cousas que pasan que pasan e que forman parte intrinseca da viaxe,obstaculos que hay que superar,como a vida mesma....
A minha ultima seman en Indonesia foi todo un cumulo de circunstacias e obstaculos a superar,avatares da vida que se di.; O meu compi de viaxe marchou momentaneamente e quedei so,tendo que aprender o indonesio a marchas forzadas para sobrevivir diariamente,mareado de facer tramites burocraticos,cansado de ser sempre o centro de atencion(devo de ser o unico blanco que hay en papua)
Sin embargo no medio de todo este caos,cando conseguin sair do pais e chegar a Papua New Guinnea foi como atopar un oasis no deserto.
Conhecin xente encantadora,paisaxes preciosos e outro ritmo de vida mais tranquilo.
Ahora que estou de novo en indonesia voto de menos esos dias de calma.
Ahora abrense outra vez novos horizontes,dentro de unhas horas vou coller un barco que me leva as illas Molucas,domde chegarei dentro de tres dias.Ali volverei a reunirme con Jorge,o meu compi,para compartir novas aventiras

domingo, 7 de diciembre de 2008

Treking por Papua!!






HOLA!Xa de volta do treking,foron uns dias bonitos e duros,encontrandopovos cada vez mais remotos e aillados,durmindo en chozas de palla acompanhado de fauna variada e comendo boniatos asados de menu diario.atopamos xente moi calida e fomos sempre ben recividos e con moita curiosidade.
Nembargantes as cousas non sairon como esperavamos,pois o meu compi Jorge enfermouse e houvo que camviar os plans a ultima hora,acortar os dias e a ruta que pensavamos facer.asi pois o sonho de ir mais lonxe e conhecer outras tribus mais primitivas que viven nas arbores vai ter que quedar para outra ocasion.
manhan marcho para Papua Nueva Guinea.

lunes, 1 de diciembre de 2008

AVENTURAS EN PAPUA!!

De todas as viaxes que levo feito hasta ahora sin duda esdta e o sitio mais remoto que tenho visitado.
Dos 422000Km de Papua a maior parte son bosques e montanhas,sin carreteras que comunican a illa.con unha povoacion indixena que se expresa en mais de 250 linguas.
Fai uns dias que estamos no val do Valiem,nas terras centrales de Papua,adonde so se pode chegar en avion.
En estos dias estivemos percorrendo alguns poblados dentro do val,tenho a sorte de viaxar con Jorge,un manho que leva vivindo 3 anos en indonesia e fala perfectamente o indonesio,por que aqui o ingles non e moita utilidade.
cada vez que chegamos a un povo e un espectaculo,pois aqui somos os unicos guiris,e todo o mundo ven a saudarnos como se foramos estrelas da tv,vemonos abrumados pola fama.
manhan empezamos unha ruta de varios dias a zonas ainda mais remotas,donde viven povos primitivos que hasta fai poucos anos practicavan o canivalismo.