domingo, 14 de diciembre de 2008

avatares da viaxe!!

As veces viaxar resulta duro,de repente os plans non saen como esperavas e todo parece que se volve na tua contra;os transportes retrasanse ou cancelanse,as estradas cortanse pola chuva,as fronteiras pechanse por problemas politicos,os bancos non funcionan ou a burocracia resulta insoportable e inepta.de repente sinteste perdido nun pais lexano,sin poder enterdente con ninguen e lonxe da tua terra.
Son cousas que pasan que pasan e que forman parte intrinseca da viaxe,obstaculos que hay que superar,como a vida mesma....
A minha ultima seman en Indonesia foi todo un cumulo de circunstacias e obstaculos a superar,avatares da vida que se di.; O meu compi de viaxe marchou momentaneamente e quedei so,tendo que aprender o indonesio a marchas forzadas para sobrevivir diariamente,mareado de facer tramites burocraticos,cansado de ser sempre o centro de atencion(devo de ser o unico blanco que hay en papua)
Sin embargo no medio de todo este caos,cando conseguin sair do pais e chegar a Papua New Guinnea foi como atopar un oasis no deserto.
Conhecin xente encantadora,paisaxes preciosos e outro ritmo de vida mais tranquilo.
Ahora que estou de novo en indonesia voto de menos esos dias de calma.
Ahora abrense outra vez novos horizontes,dentro de unhas horas vou coller un barco que me leva as illas Molucas,domde chegarei dentro de tres dias.Ali volverei a reunirme con Jorge,o meu compi,para compartir novas aventiras

1 comentario:

ana p. dijo...

A túa viaxe é coma a vida mesma, chea de ritmos e pausas... Sona que disfrutas da tempestade e a calma. E pra min é un gosto acompañarte neste espacio ficticio. Que os ventos sexam propicios. Bicos